986 330 879
  PRODUCTOS E SERVIZOS QUEN SOMOS OBRAS GARANTIA E ASISTENCIA ACTUALIDADE CONTACTAR  
 

Grupo Iber é constituída como empresa no ano 1984 na localidade pontevedresa de O Porriño, e especializa-se no deseño, fabricación, instalación e asistencia técnica de reclamos e luminosos, ademais de outros suportes promocionais exteriores. Desde o primeiro momento, e conscentes das necesidades do mercado, Grupo iber fai unha aposta decidida pola cualidade, investindo en tecnoloxía e formación para dar resposta aos clientes mais esixentes.

O departamento de proxectos de Grupo Iber especializouse na aportación de solucións en cualquer suporte de comunicación visual, sexa cual for o seu emplazamento e utilización .

Grupo Iber conta con un equipo de profesionais altamente especializados, aplicando as últimas técnicas en IMPRESIÓN DIXITAL,  CORTE DE VINILO, FRESADO 3D, GRAVADOS, ... utilizando os materiais mas adecuados a tal fin( metacrilato, aluminio, cobre, aceiro inox., pvc, lona, ...).

O noso éxito é medido directamente polo éxito dos nosos clientes. Ninguén fica indiferente a un traballo proxectado e executado por GRUPO IBER, sendo hoxe recoñedidos non só a nivel de Galiza, senón tamén a nive ibérico e inclusivamente americano.

O noso traballo abranxe unha área xeográfica que inclue todo o Estado Español, Portugal de norte a sul e provincias de ultramar.

Xusto é recoñecer que éste prestixio basease fundamentalmente na aplicación de modernas tecnoloxias, formación,  e sobre todo nun servizo cualificado e profisional.

Os suportes de de comunicación visual requiren un tratamento especifico en función de cadanseu, a combinación da experencia de mais de 20 anos, con a aplicación e o uso da tecnoloxia adecuada, pódese GARANTIR unha APLICACIÓN ACERTADA.

O equipo de profesionais de Grupo Iber, implíca-se en cada proxecto para dar as mellores solucións e atinxir os mellores resultados.

  • Fabricación en serie de suportes exteriores , deseño e aplicación integral de identidades corporativas.
  • Solucions exclusivas para grandes superficies.
  • Ampla gama de suportes para sinalética, (Edificios, Escritorios, Naves e Poligonos industriais, etc.
  • Deseño e montaxe de stands para Ferias Comerciais.
  • Rotulación integral de flotas de veículos.
  • Fabricación, instalación e montaxe de monopostes.
  • Fabricación, instalación e montaxe de vallas publicitarias.
  • Etc.

Contacte-nos e confienos o seu proxecto,  GRUPO IBER entregara-lle a SOLUCIÓN que mellor se adapte as suas necesidades e condicións.

vantaxes
  • Servizo integral de Deseño e Proxectos.
  • Servizo integral de fabricación e instalación.
  • Cualidade comprobada en orixe de materiais e componentes.
  • Sistemas informáticos de deseño última xeración.
  • Entrega de pedidos, fabricación e instalación de cualquer reclamo ou suporte publicitario, garantidos baixo normas de cualidade que garanten prazos, cualidades e especificacións técnicas.
  • Garantia integral na fabricación, instalación e asistencia.
portugalia1


Grupo Iber 2017. Tódolos Dereitos Reservados